Informar.TV
Informar.TV
Os mércores as 22.40 h

TeleSalnés Barbanza emite semanalmente o programa sobre o mundo mariño inforMAR. Trátase dun espazo no que se abordan todos os aspectos relacionados co sector: pesca, acuicultura, marisqueo, turismo mariño, ocio, náutica e deportes do mar. inforMAR está dirixido por Antonio Blanco e co-producido e presentado por Maria Gude.

inforMAR emítese todos os mércores sobre as 22:40 h da noite, despois de 'As Novas do Día' e antes do programa de entrevistas ‘Pleno Aberto’. Un espazo que afondará no traballo dos bateeiros e recollerá toda a información e as novidades do mar. Tamén recollerá eventos relacionados co sector e dedicará parte do seu tempo ao ocio marítimo: dende a náutica ata o turismo de mar. Iso sen esquecer aspectos fundamentais que afectan ao día a día do mariñeiro como o salvamento marítimo.

inforMAR emítese en redifusión os xoves ás 14:30 h. e ás 15:45 os domingos.

 
VER PROGRAMAS
canalriasbaixas.com